martes, 28 de junio de 2011

As Licenzas Creative Commons

Que é Creative Commons?
Creative Commons é unha corporación sen ánimo de lucro baseada na idea de que algunhas persoas poden non querer exercer todos os dereitos de propiedade intelectual que lles permite a lei. Creemos que hai unha demanda non satisfeita dun modo seguro que permita dicir ao mundo a frase "Algúns dereitos reservados" ou ata "Sen dereitos reservados". Moita xente deuse conta ao longo do tempo de que o dereito de copia absoluto non lle axuda á hora de conseguir a exposición ou distribución ampla que desexa. Moitos empresarios e artistas concluíron que prefiren confiar en modelos innovadores de negocio máis que nos dereitos de copia con dereito para asegurarse un beneficio no seu investimento creativo. Para outros, é unha satisfacción contribuír e participar nun proxecto intelectual común. Pola razón que sexa, é obvio que moitos habitantes de Internet queren compartir o seu traballo e poder reutilizar, modificar e distribuír o seu traballo con outros en términos xenerosos. Creative Commons trata de axudar á xente a expresar esta preferencia por compartir ofrecendo a todo o mundo un conxunto de licenzas na web, sen custo algún.

Explicación das licenzas
Poñer as vosas obras baixo unha licenza Creative Commons non significa que non teñan copyright. Este tipo de licenzas ofrecen algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións. Hai un total de seis licenzas Creative Commons para escoller: 

Recoñecemento (Attribution): En calquera explotación da obra autorizada pola licenza fará falta recoñecer a autoría.
Non Comercial (Non commercial): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.

Sen obras derivadas (Non Derivate Works): A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada. 

Compartir Igual (Share alike): A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas.

Con estas catro condiciones combinadas pódense xerar as seis licenzas que se poden escoller:
Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restricción.

Recoñecemento - Non Comercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.
 
Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales débese facer cunha licenza igual á orixinal.  

Recoñecemento - Non Comercial - Sen Obra Derivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

Recoñecemento - Compartir Igual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales débese facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - Sin Obra Derivada (by-nd): Permítese o uso comercial de obra pero non a xeración de obras derivadas. 

Obter a licenza
Cando fagas a túa elección terás a licenza adecuada para o teu traballo expresada de tres formas:
  1. Commons Deed: É un resumo fácilmente comprensible do texto legal cos iconos relevantes.
  2. Legal Code: O código legal completo no que se basea a licenza que escolliches.
  3. Digital Code: O código digital, que pode ler a máquina e que serve para que os motores de procura e outras aplicacións identifiquen o teu traballo e as súas condicións de uso.
Utilizar a licenza
Unha vez escollida a licenza tes que incluír o botón Creative Commons "Algúns dereitos reservados" no teu sitio, preto da vosa obra. Este botón enlaza co Commons Deed, de forma que todos poidan estar informados de condicións da licenza. Si atopas que a túa licenza foi violada, entón terás as bases para poder defender os teus dereitos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario