miércoles, 29 de junio de 2011

Publicar baixo Licenza Creative Commons

Para publicar baixo esta licenza tes que dirixirte a páxina de Creative Commons España e cubrir o formulario escollendo as características que lle queremos aplicar a túa obra. Unha vez cuberto dito formulario informarache de que clase de botón queres que apareza e xera un código que tes que "seleccionar" para logo "copiar" no teu blog. 

No meu caso engadín un gadget na parte inferior. O procedemento é ir a pestana de "Diseño". Premin enriba de "Añadir un gadget". Cando se abriu a fiestra de engadir gadget busquei o correspondente a "Texto". Nesa ventana premin sobre a opción de "Edición de HTML" e peguei o que previamente copiara da páxina de Creative Commons España. O último paso sería "Guardar" e xa teremos o logo coa licenza escollida no noso blog.

Lembrade actualizar o voso blog para poder ver o resultado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario