miércoles, 29 de junio de 2011

Exercicio 2: Engadir música ao teu blog

Vamos a empregar Mixpod, co cal temos que rexistrarnos. Para non facernos líos temos usaremos a mesma conta de correo.Cando estamos na páxina principal temos que escoller a opción "Sing up". Cubrimos o formulario de rexistro.

Agora danos a escoller o reproductor que máis nos guste. Escolledes un e agora o que teredes que facer é escoller as cancións que estableceredes como lista de reproducción. Para isto o que tedes que facer é premer no botón superior que pon "Create Playlist" con isto apareceranos un buscador de música donde podemos ir engadindo as cancións que máis nos gusten. Para engadilas o único que temos que facer é pulsar no botón de "máis" que hai ao lado de cada canción.

A continuación temos que gardar a nosa lista poñéndolle un nome. Tedes que premer na pestana de "Save Playlist", poñemoslle un título e cubrimos se queremos o resto do formulario. O seguinte será premer no botón verde "SAVE (get code)". Con isto conseguiremos o código necesario para poñelo no noso blog.

Aparece unha fiestra que nos ofrece a posibilidade de copialo directamente "Copy". Con isto temos que ir ao noso blog e para que sexa máis sinxelo vámolo engadir dentro dun "gadget", neste caso escolleremos o   "HTML/Javascript" no queunha vez que o abrimos temos que pegar ese código. Se gardamos os cambios realizados xa teriamos o noso reproductor.

Cando escollades o resproductor tede presente donde o vades engadir xa que se non pode que vos tape as entradas novas, isto podédelo solucionar colocando nun sitio distinto ou modificando a plantilla a través do deseño.

Xa veredes como queda moi chulo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario