Para poder subir os nosos propios vídeos e facer as nosas propias listas de reproducción cos nosos vídeos favoritos vamos a rexistrarnos en Youtube.
Lembrade que como xa tedes unha conta google o rexistro vai ser máis sinxelo e rápido. Non esquezades rexistrarvos coa conta de correo que usades para acceder ao voso blog.
Un artigo que vos pode resultar de axuda para creación de listas de reproducción Axuda de Youtube.
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
miércoles, 29 de junio de 2011
martes, 28 de junio de 2011
As Licenzas Creative Commons
Que é Creative Commons?
Creative Commons é unha corporación sen ánimo de lucro baseada na idea de que algunhas persoas poden non querer exercer todos os dereitos de propiedade intelectual que lles permite a lei. Creemos que hai unha demanda non satisfeita dun modo seguro que permita dicir ao mundo a frase "Algúns dereitos reservados" ou ata "Sen dereitos reservados". Moita xente deuse conta ao longo do tempo de que o dereito de copia absoluto non lle axuda á hora de conseguir a exposición ou distribución ampla que desexa. Moitos empresarios e artistas concluíron que prefiren confiar en modelos innovadores de negocio máis que nos dereitos de copia con dereito para asegurarse un beneficio no seu investimento creativo. Para outros, é unha satisfacción contribuír e participar nun proxecto intelectual común. Pola razón que sexa, é obvio que moitos habitantes de Internet queren compartir o seu traballo e poder reutilizar, modificar e distribuír o seu traballo con outros en términos xenerosos. Creative Commons trata de axudar á xente a expresar esta preferencia por compartir ofrecendo a todo o mundo un conxunto de licenzas na web, sen custo algún.
jueves, 23 de junio de 2011
Engadir un vídeo desde Youtube
Engadir vídeos de youtube é moi sinxelo. O único que temos que facer é premer a icona de "Vídeo" e despois seleccionar "Desde Youtube".
- Aparecerá a barra de búsqueda de youtube e ali escribiremos o nome do vídeo que queremos engadir:
- Cando nos apareza o vídeo só temos que premer sobre éste. Poderemos incluso velo antes de publicalo.
- Premememos "Seleccionar" na parte inferior dereito da fiestra e listo!
No vídeo que se mostra a continuación podemos ver como se utiliza "Google Reader":
Engadir vídeo desde o ordenador
Para engadir un vídeo que temos no noso ordenador o procedemento é moi sinxelo, xa que é moi parecido ao de engadir unha foto.
- O primeiro paso sería acceder á pestana de "Creación de entradas" e posteriormente: "Nueva entrada".
- Cando xa temos o noso editor o que temos que facemos e premer no botón "Insertar un vídeo":
Móstrase unha fiestra "Añadir un vídeo" que nos ofrece a posibilidade de decidir desde donde queremos engadir o vídeo:
- No noso caso escolleremos a primeira opción que xa está marcada por defecto "Subir" e prememos no botón "Seleccionar el vídeo para subir":
- Aparecerá unha fiestra na que poderemos acceder ao cartafol "Mis vídeos" ou outro directorio no que teñamos o vídeo que queremos engadir a nosa entrada:
- Mostrarese o nome do arquivo de vídeo que queremos subir e o seu tamaño e poderemos confirmar que queremos engadir premendo no botón de "Subir" na esquina inferior dereita da fiestra:
- Despois de que remate o tempo de espera (saberemolo porque deixará de aparecer o recadro azul coa palabra Uploading) xa poderemos publicar a nosa entrada: "PUBLICAR ENTRADA".
Lembrade que o tempo de espera dependerá do tamaño do vídeo. No vídeo que utilizo como exemplo explícase o que son e para que serven as rss:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)