jueves, 23 de junio de 2011

Crear unha entrada no teu blog

Unha vez que accedemos ao noso blog xa podemos comezar a publicar os nosas entradas (tamén chamadas artigos ou post). As nosas entradas poden conter, ademais de texto, imaxes, vídeos ou ligazóns a unha páxina web.

O primeiro paso é dirixirnos á pestana de "Creación de entradas" presente na parte superior da fiestra. Fixádevos que xusto debaixo desa pestana aparéncenos tres opcións:
  1. "Nueva entrada": neste espazo creamos os artigos que lle darán contido ao noso blog.
  2. "Editar entradas": permítenos facer cambios nos artigos/entradas xa publicadas ou pendentes de publicación.
  3. "Editar páginas": crea unha especie de "entrada fixa", tamén chamado contido estático, que está dispoñible en todo momento desde calquera parte do blog. Soe empregarse para os datos da persoa que publica o blog, os termos de uso e a política de privacidade ou un arquivo cos artigos entre moitos outros usos.
Unha vez situados apareceranos unha fiestra que nos mostrará un pequeno editor que nos permite escribir a nosa primeira entrada:


O primeiro paso sería poñerlle un Título a nosa entrada no espacio previsto para elo. A continuación no recadro grande escribiremos o testo que queremos publicar. Grazas a barra de ferramentas podemos elixir o tipo e tamaño da letra, o aspecto (negrita, cursiva e color), poñer ligazóns a outras páxinas, a alineación e a numeración dos párrafos e engadir imaxes ou vídeos. Só poderemos ver estas opcións se estamos situados na pestana de "Redactar".


O primeiro paso é poñerlle un título a nosa entrada e a continuación engadirlle o texto. Se queremos cambiar o tipo de letra ou resaltar algunha frase ou palabra só temos que premer no botón desa barra de ferramentas. Se o que queremos é insertar unha ligazón, por exemplo a unha palabra, só temos que seleccionar esa palabra e premer sobre o botón de "Enlace":


A continuación mostrarase unha fiestra que nos permitirá escribir ou pegar (previamente tivemos que copiar unha dirección) a "Dirección web" que queremos poñer (Exemplo: http://www.concellodearzua.org):


Para rematar de engadir a nosa ligazón temos que premer no botón "Aceptar" e con isto xa estaría listo o noso enlace.

Antes de publicar recorda poñer "Etiquetas" (palabras clave) a túa entrada para que despois resulte máis sinxelo acceder á información.


Lembra que podes engadir unha "Ubicación" e que tes a posibilidade de previsualizar a entrada para ver como queda "VISTA PREVIA" (botón azul) antes de publicala "PUBLICAR ENTRADA" (botón laranxa).

Outra opción que podes utilizar se non queres publicala inmediatamente é "Programar para" (como mostra a imaxe anterior). Isto permite que escollas unha data para a súa publicación, por exemplo, ao día seguinte. Ademais cada certo tempo o editor garda o teu traballo "GUARDADO" pero no caso que non sexa así podes premer no botón que aparecerá ao carón de "Publicar Entrada" chamado "GUARDAR COMO BORRADOR". 

Xa estades listos para publicar a vosa primeira entrada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario