jueves, 23 de junio de 2011

Engadir vídeo desde o ordenador

Para engadir un vídeo que temos no noso ordenador o procedemento é moi sinxelo, xa que é moi parecido ao de engadir unha foto.
  • O primeiro paso sería acceder á pestana de "Creación de entradas" e posteriormente: "Nueva entrada". 
  • Cando xa temos o noso editor o que temos que facemos e premer no botón "Insertar un vídeo":Móstrase unha fiestra "Añadir un vídeo" que nos ofrece a posibilidade de decidir desde donde queremos engadir o vídeo:
  • No noso caso escolleremos a primeira opción que xa está marcada por defecto "Subir" e prememos no botón "Seleccionar el vídeo para subir":
  • Aparecerá unha fiestra na que poderemos acceder ao cartafol "Mis vídeos" ou outro directorio no que teñamos o vídeo que queremos engadir a nosa entrada:
  • Mostrarese o nome do arquivo de vídeo que queremos subir e o seu tamaño e poderemos confirmar que queremos engadir premendo no botón de "Subir" na esquina inferior dereita da fiestra:
  • Despois de que remate o tempo de espera (saberemolo porque deixará de aparecer o recadro azul coa palabra Uploading) xa poderemos publicar a nosa entrada: "PUBLICAR ENTRADA".

Lembrade que o tempo de espera dependerá do tamaño do vídeo. No vídeo que utilizo como exemplo explícase o que son e para que serven as rss:


No hay comentarios:

Publicar un comentario