jueves, 23 de junio de 2011

Engadir unha imaxe a unha entrada

Para insertar unha foto na nosa entrada temos que premer sobre o icono de imaxe. 

Coma nos últimos días tivemos problemas ao facer a carga deste xeito, imos a probar a través da pestana de "Edición de HTML": 
  • Prememos sobre a pestana "Edición de HTML" e posteriormente prememos no icono de imaxe:
    • Apareceranos unha fiestra que nos permite engadir desde o noso ordenador a imaxe que queiramos:

    •  Agora temos que premer "Examinar" para poder abrir o explorador de arquivos e escoller a foto:
      • Unha vez escollida a foto o que nos aparecerá é outra vez a pantalla anterior onde comazábamos coa carga de arquivos. Nesta ocasión só temos que escoller o "Diseño", é dicir, se queremos que a imaxe estea alineada ao texto á "Izquierda", "Centrada" ou "Derecha". Tamén podemos escoller o tamaño: "Pequeño", "Mediano" ou "Grande". Feito isto, o único que nos quedaría por facer é premer no botón laranxa de "SUBIR IMAGEN".
      • Agora podemos seguir escribindo a nosa entrada premendo de novo na pestana de "Redactar":
      • Se queremos cambiar o tamaño da imaxe ou cambiar como se mostra con respecto ao texto podemos facelo premendo na foto. Desta meneira aparecerá unha barra na parte inferior que nos permitirá modificala.
      • No momento que teñamos todo correcto só nos restaría publicar a entrada mediante o botón laranxa da parte inferior do noso editor "PUBLICAR ENTRADA".
      • Non esquezades etiquetar as entradas!

       

      No hay comentarios:

      Publicar un comentario