jueves, 23 de junio de 2011

Engadir unha imaxe a unha entrada

Para insertar unha foto na nosa entrada temos que premer sobre o icono de imaxe. 

Coma nos últimos días tivemos problemas ao facer a carga deste xeito, imos a probar a través da pestana de "Edición de HTML": 
  • Prememos sobre a pestana "Edición de HTML" e posteriormente prememos no icono de imaxe:
    • Apareceranos unha fiestra que nos permite engadir desde o noso ordenador a imaxe que queiramos:

    Crear unha entrada no teu blog

    Unha vez que accedemos ao noso blog xa podemos comezar a publicar os nosas entradas (tamén chamadas artigos ou post). As nosas entradas poden conter, ademais de texto, imaxes, vídeos ou ligazóns a unha páxina web.

    O primeiro paso é dirixirnos á pestana de "Creación de entradas" presente na parte superior da fiestra. Fixádevos que xusto debaixo desa pestana aparéncenos tres opcións:
    1. "Nueva entrada": neste espazo creamos os artigos que lle darán contido ao noso blog.
    2. "Editar entradas": permítenos facer cambios nos artigos/entradas xa publicadas ou pendentes de publicación.
    3. "Editar páginas": crea unha especie de "entrada fixa", tamén chamado contido estático, que está dispoñible en todo momento desde calquera parte do blog. Soe empregarse para os datos da persoa que publica o blog, os termos de uso e a política de privacidade ou un arquivo cos artigos entre moitos outros usos.
    Unha vez situados apareceranos unha fiestra que nos mostrará un pequeno editor que nos permite escribir a nosa primeira entrada:


    Que é un blog?

    Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronolóxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
    Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.

    (Fonte: Wikipedia)