Un
Weblog (do inglés
web +
log),
blog,
bitácora ou
blogue é unha
páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronolóxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada
blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir
trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante
RSS,
XML ou
Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.